Cidades pola noite

Desde 2003, os astronautas estiveron facendo fotos da Terra desde a Estación Espacial Internacional (ISS) Moitas destas imaxes foron publicadas por diferentes medios de comunicacón e pola Internet, en lugares como as contas de Twitter dos astronautas. Así e todo, a maioría das imaxes aínda non foron publicadas e están en arquivos privados sen acceso para o público en xeral. Fixemos unha sección adicional na nosa galería adicada a mostrar máis de mil imaxes de cidades ao longo da noite. Pero aínda hai centenas de millares de fotos esperando a ser publicadas no arquivo. ¡Axúdanos!

Máis detalles »

Contaminación luminosa

A contaminación luminosa causa diversos problemas. Os seus efectos poden ser medidos desde dentro dos nosos cuartos a moita distancia. A luz esnaquiza a esencia da noite, a escuridade. Os humanos temos un medo ancestral á escuridade, pero moita luz produce efectos negativos no ecosistema e na nosa saúde.

As Imaxes de satélite axudan a comparar e medir grandes áreas alumadas. Coas cores das imaxes obtidas polos astronautas, podemos medir a eficacia da iluminación en moitas cidades do planeta.

Máis detalles »

Ciencia cidadá

A ciencia cidadá é unha ferramenta para a investigación científica e a eduación. Mentres nos axudas a clasificar millares de fotos dos astronautas, podes aprender xeografía e descubrir como é a Terra de noite. Os humanos somos máis eficientes que os ordenadores á hora de recoñecer padróns, por iso calquera cidadán pode facer unha contribuición significativa.

Necesitamos voluntarios para axudar a clasificar as imaxes e identificar a localización que se ve nelas para facer mapas de contaminación luminosa. Isto axudará a gobernos e autoridades a tomar decisións correctas para reducir a contaminación.

Máis detalles »

Localización de cidades

Unha vez identificadas as imaxes nocturnas, en moitas delas non coñecemos a que ciudade corresponden. Con esta aplicación podes axudarnos a identificar a que parte do planeta pertence.

É moi doado, só tes que premer sobre a imaxe e o mapa que a localiza

Accede á aplicación »

Xeorreferenciación de cidades

Este é o derradeiro paso. Unha vez identificadas as cidades, o último paso é xeorreferencialas. É un proceso importante no que hai que identificar algún punto significativo sobre a imaxe e facelo corresponder co mapa. Isto permitiranos facer estudos de distribución e consumo enerxético

Accede á aplicación»


Queres saber como nos ven os astronautas desde o espazo?Ven connosco e descubre a noite como nunca o fixeras antes!

Podes explorar connosco arquivo de imaxes feitas desde a Estación Espacial Internacional e axudar a facer un mapa do mundo nocturno en cores.


Como me afecta a contaminación luminosa? Descúbreo ti mesmo.

Nesta foto poder ver como nos cega a luz en diferentes ocasións. A exposición á luz pola noite tamén afecta aos ciclos do sono e está relacionada con algúns tipos de cancro.


Existe unha solución? Claro que si!

A tecnoloxía actual permite previr as emisións a lugares non desexados. Os sistemas intelixentes tamén poden regular automaticamente a iluminación segundo as necesidades do momento.



Axúdanos a localizar cidades

O primeiro paso para xeorreferenciar unha imaxe é localizar a ciudade que aparece nela. Aquí podedes atopar as imaxes na posición na que foron tomadas dende a ISS. Preme en calquera punto vermello e despois no enlace para comezar a identificar cidades en http://crowdcrafting.org/app/LostAtNight

Para o seu uso, por favor, cítese: Sanchez de Miguel, A., Gomez Castano, J., Zamorano, J., Pascual, S., Angeles, M., Cayuela, L., ... & Kyba, C. (2014). Atlas of astronaut photos of Earth at night. ASTRONOMY & GEOPHYSICS, 55(4), 36-36.(en prensa).

Axúdanos a xeorreferenciar cidades

Preme en calquera localización e accede á nosa aplicación de xeorreferenciación. Selecciona puntos na imaxe da ISS e atopa as mesmas localizacións no mapa. Esta información permítenos indentificar correctamente as estruturas da cidade. A aplicacción orixinal esté en http://crowdcrafting.org/app/nightcitiesiss

Para o seu uso, por favor, cítese: -Sanchez de Miguel, A., Gomez Castano, J., Zamorano, J., Pascual, S., Angeles, M., Cayuela, L., ... & Kyba, C. (2014). Atlas of astronaut photos of Earth at night. ASTRONOMY & GEOPHYSICS, 55(4), 36-36.(en prensa).